Vila Bulsa

Vila Bulsa, Hobbiton, a confortábel morada subterránea de Bilbo e, despois, de Frodo Bulseiro, construída para a triloxía cinematográfica The Lord of the Rings de Peter Jackson.

Vila Bulsa é a vivenda subterránea dos hobbits Bilbo e Frodo Bulseiro nas novelas de fantasía O hobbit e O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. De alí parten Bilbo e Frodo nas súas aventuras, e ambos os dous volven para ela, durante un tempo. Constitúe o punto inicial dos arcos narrativos principais nas novelas e, ao regresaren os hobbits a ela, tamén representa un punto final da trama en cada caso.

Tolkien describíase a si mesmo como un hobbit agás pola estatura. Algúns académicos sinalan que Vila Bulsa é unha visión do fogar ideal de Tolkien e, nos seus detalles, unha descrición do seu carácter. Peter Jackson construíu en Nova Zelandia un set de rodaxe moi elaborado, incluída unha Vila Bulsa moi detallada, para a súa triloxía cinematográfica.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy